26/1/26
CLUB LECTURA XANEIRO
25/1/26
PASIÑO A PASIÑO NO NOSO NOVO ESPAZO
Pouco a pouco seguimos dando forma ao novo espazo da biblioteca. Máis amplitude, máis luz e novas lecturas e xogos. Nos recreos o noso alumnado comparte xogos, club manga, partidas de xadrez e intercambian opinións sobre lecturas. Temos agora unha biblio moito máis dinámica e acolledora: Aínda queda moito por facer porén continuamos a traballar para seguir mellorando cada curso. Aquí vos agardamos!!!! 💓📗
Vede que ben está quedando:
Concurso de postais de Nadal
Antes de gozar das nosas vacacións de Nadal, organizamos dende a biblioteca un concurso de postais para que o noso alumnado demostrase a súa creatividade unindo os motivos de Nadal cos motivos literarios. O resultado foi o que aquí vos mostramos. Damos as grazas a todos e todas os que participastes e os nosos parbéns ás tres gañadoras!!! ✨
18/12/25
Club de lectura decembro
O luns19 de decembro, para rematar as sesións deste trimestre do club de lectura, reunímonos de novo para ler e comentar a obra de banda deseñada TAM. Fixemos a lectura compartida e logo intercambiamos opinións. Gustounos esta banda deseñada escrita por Anémona de Río, pseudónimo de Aldara Álvarez García, Vigo, 1995. Gustoulle debuxar dende sempre pero nunca o contemplou como unha profesión ata que en 2013 entrou na escola de cómic e banda deseñada O Garaxe Hermético, onde participou en dous álbums: 221BD e Verne imaxinado. O seu proxecto Tam gañou o Premio Fin de Curso e foi publicado por Retranca Editora. Durante estes anos tamén realizou varias tiras cómicas para o Diario de Pontevedra. En 2019, gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético con A proba de auga. Actualmente dedícase a facer encargos personalizados. Pódense atopar máis mostras do seu traballo en Instagram e Twitter en @anemonaderio.
Aquí vos deixamos unhas fotiños da sesión.
O club de manga segue coas súas reunións semanais no recreo dos martes e coa súa participación no chat que temos na aula virtual destinado ao club.
4/12/25
EXPOSICIÓN DE FÓSILES
O departamento de Bioloxía acháganos unha interesante mostra de fósiles para que poidamos coñecer máis sobre o desenvolvemento da vida. "Réplicas de fósiles e a súa era" aproxímanos ás diferentes etapas que conforman a evolución do planeta.
25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Sumámonos á loita contra a eliminación da violencia de xénero. Todos e todas debemos camiñar na mesma dirección, no respecto e na igualdade real. Na biblioteca temos lecturas que nos farán reflexionar.
27/11/25
Intervención vangardista do alumnado de Literatura Universal de 1º BACH
Deixamos aquí as fotos da intervención vangardista realizada polo alumnado de 1º BACH B na materia de Literatura Universal.
Con eles e elas a creatividade voa!!!
TAMÉN LEN NOVEMBRO
Onte, 26 de novembro, tivemos a nova edición do noso Tamén Len. Nesta ocasión recibimos a Adrián Salgado, coordinador de baloncesto en Salceda de Caselas. Algún alumnado coñéceo ben xa que aprende con el moitos dos valores no deporte e na vida que hoxe lles transmitiu. Presentounos o seu audio-libro A banda dos insectos, pasando a bóla que contén as cancións do grupo musical ao que el pertence. Grazas por unha amena conversa.
Subcampións no concurso de regueifas de Valadares
O día 7 de novembro o alumnado de 1º de BACH participou no Concurso de Regueifas celebrado no centro cultural de Valadares en Vigo. Previamente tivemos a Luís Caruncho impartíndolles un obradoiro no centro. Demostraron a súa valía competindo con outros centros da provincia de Pontevedra e obtendo o segundo premio. Á volta degustamos a enorme rosca que trouxeron de agasallo.
Moitísimos parabéns aos nosos regueifeiros e regueifeiras!!
24/11/25
MAGOSTO E SAMAÍN
Malia que o mal tempo dos últimos días de outubro e primeiros de novemnro nos impediron realizar todas as actividades organizadas polo Equipo de Dinamización Lingüística co gallo do magosto e o Samaín si puidemos celebrar os tradicionais concursos de cabazas e receitas de outono. Tamén degustamos as sobremesas feitas polo alumnado con produtos de outono. Esperemos que o próximos curso o tempo nos permita realizar todas as actividades.
NOVIDADES LITERARIAS E NOVO ESPAZO DA BIBLIO
Temos novas adquisicións para que poidades desfrutar coa lectura dos premios recentes:
19/11/25
NOVIDADES
O día 24 de outubro co gallo da celebración do día das bibliotecas, o equipo de dinamización lingüística realizou un programa de radio co alumnado de 4º ESO D sobre a figura que será homenaxeada o Día das Letras Galegas. Resultou moi interesante e o alumnado fíxoo realmente ben. Moitos parabéns. Deixamos o enlace a internet para que poidades velo:
https://www.youtube.com/watch?v=BImV1lsfQd0
Neste mes celebramos unha nova sesión do club de lectura:
- no club manga seguen reuníndose semanalmente e, ademais de comentar Hanko Kun, aprenden moito de debuxo manga coas indicacións dalgunha das participantes no club:
- no grupo de 1º de ESO comentamos este mes o libro Dúas bágoas por máquina, de Fina Casalderrey que nos transmitiu a importancia do amizade e do cariño entre humanos e animais:
20/10/25
TAMÉN LEN
Este mércores 22 de outubro temos unha nova edición da nosa clásica actividade de fomento da lectura: Tamén Len. Arrancamos o novo curso coa presenza de Pablo, o director do Colexio Altamira. Tamén está xa en marcha dende principios de outubro a Hora de ler, durante a cal profesorado e alumnado gozan dunha lectura silenciosa do seu agrado.💓
NOVO CURSO
Arrancamos este novo curso coa nosa biblio en obras. Ampliouse o espazo de xeito que contamos cun lugar máis acolledor e lumninoso. Comezamos polo tanto o camiño este ano moi devagar ata que todo estea listo. Esperamos que vos guste e contamos coa vosa visita.
Si arrancamos xa cos clubs de lectura. Continuamos co club de manga que amplia o número de integrantes e contamos con outros dous, un de 1º de ESO e outro de 3º e 4º. En 1º comezamos coa lectura de Trece avisos de Paula Carballeira para adentrarnos no mundo do sobrenatural de xeito entretido e ir así achegándonos ao noso Samaín e a cultura popular relacionada co medo. En cuarto escollemos unha obra breve pero moi intensa que nos fará reflexionar sobre a barbarie das guerras, Enderezo descoñecido de Kressman Taylor. As reunións de manga lévanse a cabo todos os martes no recreo e a primeira dos outros dous grupos foi este luns 20 de outubro. Queremos mostrarvos aquí a creatividade que amosan os membros do club manga xa que nesta primeira reunión, na que analizaron a saga Hanako Kun, crearon uns debuxos fantásticos que aquí vos mostramos.



.jpg)


.jpg)

.jpg)

.jpg)








.jpg)












